Traballando en polos creativos

O toque de calidade da campaña de difusión de "Betanzos change the Planet" levouse a cabo dende o Obradoiro de Polos Creativos. Asesorados polo seu coordinador Enrique Cardona, o alumnado de 1º D e 4º A elaboraron diversos materias como escudos coa impresora en 3D co logo do proxecto, ou chapas que se deron como agasallo a aquel alumnado que acadou maiores respostas positivas nos kahoots das charlas informativas. Grazas Enrique pola túa colaboración. Imaxes dalgunhas das creacións elaboradas en polos creativos