Betanzos Change the Planet leva o seu proxecto ao Senado español
O pasado día 28 de maio alumnado de 4ºA da ESO do IES Francisco Aguiar visitou o Senado español invitado polo senador César Mogo Zaro.
Durante a visita poidemos presenciar unha sesión do pleno do senado, concretamente sobre o bloqueo humanitario e as accións militares en Gaza. Ao finalizar a sesión poidemos asistir as distintas votacións sobre as distintas mocións do día.
Posteriormente fomos recibidos polo senador César Mogo Zaro que guiounos polas dependencias do Senado. Poidemos ver salas tan espectaculares como a biblioteca, obras de arte tan significativas como "A rendición de Granada" de Francisco Padilla, e o antigo salón de plenos, onde se reuniron as Cortes xerais por primeira vez o 2 de maio de 1814.
Durante á visita o alumnado poido conversar con César Mogo sobre distintos aspectos do edificio, o funcionamento do senado e presentar o noso proxecto Betanzos Change the Planet.
Agradecer a César Mogo e o seu equipo o trato recibido. Nos levamos desta visita un exemplar da constitución e sobretodo unha experiencia inolvidable. Esperamos poder recibir algún día a visita do senador César Mogo no noso centro e devolverlle a súa hospitalidade. Tamén salientar a colaboración do Concelleiro de Cultura de Betanzos Andrés Hermida quen fixo as xestións para que o noso grupo poidera facer esta visita.
|
![]() |
Distintas imaxes do grupo nas dependendencias do senado |
---|
Comentarios
Publicar un comentario