“ III ENCONTROS BETANZOS CHANGE THE PLANET”: Migracións e vulnerabilidade da muller no IES Francisco Aguiar
No marco do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) “Betanzos Change the Planet”, o alumnado do IES Francisco Aguiar organiza este martes 21 unha nova xornada de concienciación social. Nesta ocasión, o foco estará posto nas migracións e na vulnerabilidade da muller, afondando en dous piares da Axenda 2030 da ONU: o ODS 5 (Igualdade de xénero) e o ODS 10 (Redución das desigualdades). Un programa centrado na experiencia humana A xornada estrutúrouse en dous grandes bloques deseñados para achegar a realidade global ao contexto local: O acto comezou as 16:20 h, , a ONG EDUCO posibilitou a visita ao noso centro de Alma Cecilia Hernández Gutiérrez , cooperante guatemalteca cun percorrido de máis de 20 anos en organizacións sociais, traballando en proxectos de protección a mulleres sobreviventes de violencia, mobilidade humana e formación comunitaria desde unha perspectiva de dereitos humanos. Posteriormente as 17:10 hiniciouse baixo a coordinación do alumnado de 3º de ...