“ III ENCONTROS BETANZOS CHANGE THE PLANET”: Migracións e vulnerabilidade da muller no IES Francisco Aguiar
No marco do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) “Betanzos Change the Planet”, o alumnado do IES Francisco Aguiar organiza este martes 21 unha nova xornada de concienciación social. Nesta ocasión, o foco estará posto nas migracións e na vulnerabilidade da muller, afondando en dous piares da Axenda 2030 da ONU: o ODS 5 (Igualdade de xénero) e o ODS 10 (Redución das desigualdades). Un programa centrado na experiencia humana
A xornada estrutúrouse en dous grandes bloques deseñados para achegar a realidade global ao contexto local:
O acto comezou as 16:20 h, , a ONG EDUCO posibilitou a visita ao noso centro de Alma Cecilia Hernández Gutiérrez, cooperante guatemalteca cun percorrido de máis de 20 anos en organizacións sociais, traballando en proxectos de protección a mulleres sobreviventes de violencia, mobilidade humana e formación comunitaria desde unha perspectiva de dereitos humanos.
Posteriormente as 17:10 hiniciouse baixo a coordinación do alumnado de 3º de ESO, abriuse un espazo de debate sobre o fenómeno migratorio. Para ist contamos con voces que viviron a migración en primeira persoa ou que a retrataron desde a literatura:
Xesús Fraga Sánchez: xornalista e autor de Virtudes (e misterios) (Premio Nacional de Narrativa 2021), obra que homenaxea a resiliencia da emigración galega feminina.
Manuela: migrante galega e representante do Espazo +60 da Fundación Afundación.
Bouna Niang Niang: membro da comunidade educativa e pai de Fatou (alumna de 1º de Bacharelato), quen achegará o testemuño da migración actual.
Foi un pracer e unha gran oportunidade para a reflexión poder contar con esta mesa redonda e vivir de primeiora man a testemuña da realidade de persoas que viviron a migración dende tan cerca. amosándonos que non existe tanta diferenza entre a migración galega no pasado e a actual no noso pais: buscar un futuro mellor e non so do migrante, se non de toda a súa familia.
O obxectivo desta iniciativa é que a comunidade educativa comprenda a complexidade dos movementos migratorios a través de rostros e historias próximas. Ao confrontar experiencias de diferentes épocas e procedencias, o alumnado busca visibilizar o aspecto máis humano e íntimo do que supón deixar o fogar en busca dun futuro mellor.







Comentarios
Publicar un comentario