Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

Xincana solidaría e celebración final proxecto ApS Betanzos Change the Planet

Imagen
O pasado mércores 17 o alumnado do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) “Betanzos Change the Planet” dos grupos de 3º A e Proxecto Competencial e 4 A, organizaron unha xincana solidaria cos seguintes obxectivos en liña co que supón un proxecto de aprendizaxe e servizo: Aprender a organizar unha actividade lúdica Dar un servizo á comunidade educativa  ofrecendo ao alumnado de 1º e 2º de ESO unha actividade de lecer na última semana de curso Organizar unha actividade solidaria acorde cos Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) 2030, concretamente o 1: Erradicación da pobreza e 2: Loita contra a fame. Para o cal durante a actividade se solicitou a participantes, organizadores e comunidade educativa a doazón de alimentos e produtos de hixiene que foron posteriormente doados a Cáritas e Cruz Vermella Betanzos respectivamente. Alumnado de 3º A xunto á mesa cos alimentos e produtos de hixiene recollidos Entrega dos produtos de hixiene a voluntarios da Cruz Vermella de Betanzos ...

Mercadillo solidario 2026

Imagen
  O pasado día 2 de Xuño o alumnado do centro participante no Proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos Change the Palnet", coordinados polo grupo de 4º A  realizou unha nova xornada do Mercadillo Solidario nas pistas polideportivas do Carregal.  Mediante o mercadillo solidario preténdese tanto reutilizar obxectos  para darlles unha segunda vida, reducindo así  a xeración de lixo e o custo de fabricación de novos produtos, como recaudar fondos para un fin solidario.     A xornada de traballo empezou xa as 8:45 da mañá, cando un grupo de alumnado comezou a cargar os materiais para levalos as pistas coa colaboración de Protección Civil de Betanzos  O mercadillo desenvolveuse nas pistas ata as sete da tarde. Durante toda a xornada visitaron os postos alumnado do centro así como moitos veciños que pasaron polo lugar. Froito desta xornada recaudouse 958 euros que serán achegados a organización Manos Unidas para desenvolver o seu proxecto humanitar...

Presentación Proxecto Solidario Manos unidas Haití

Imagen
 O pasado venres 29 de maio visitaron o noso centro Julián e Cristian para presentarnos o proxeccto que Manos Unidas está a desenvolver en Haití co cal o noso centro quere colaborar dentro do noso Proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos Change the Planet". Haití é un dos países máis castigados nas últimas décadas, no ano 2010 co devastador terremoto,pero que continuó acumulkando desastres relacionados co cambio climático, como no ano 2016 o furacán Matthew, así como un proceso contínuo de desertificación pola deforestación pola sobreexplotación da madeira para ser usada como recurso enerxético. Esta situación é na actualidade especialmente crítica pola presenza de grupos armados que obrigou a moitas poboacións a desprazarse a zonas máis seguras. Nesta situación o mantemento de comunidades agrícolas resulta fundamental nun pais no que a fame aguda afecta a unha de cada duas persoas. Manos unidas  a través do seu socio local Cáritas de Puerto Prínc...