Xincana solidaría e celebración final proxecto ApS Betanzos Change the Planet

O pasado mércores 17 o alumnado do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) “Betanzos Change the Planet” dos grupos de 3º A e Proxecto Competencial e 4 A, organizaron unha xincana solidaria cos seguintes obxectivos en liña co que supón un proxecto de aprendizaxe e servizo:

  • Aprender a organizar unha actividade lúdica

  • Dar un servizo á comunidade educativa  ofrecendo ao alumnado de 1º e 2º de ESO unha actividade de lecer na última semana de curso

  • Organizar unha actividade solidaria acorde cos Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) 2030, concretamente o 1: Erradicación da pobreza e 2: Loita contra a fame. Para o cal durante a actividade se solicitou a participantes, organizadores e comunidade educativa a doazón de alimentos e produtos de hixiene que foron posteriormente doados a Cáritas e Cruz Vermella Betanzos respectivamente.


Alumnado de 3º A xunto á mesa cos alimentos e produtos de hixiene recollidosEntrega dos produtos de hixiene a voluntarios da Cruz Vermella de Betanzos Carteis realizados para a xincana solidaria

 

Na xincana o alumnado tiña 50 minutos para realizar en grupos de 4 – 6 o maior número de probas repartidas polo patio do instituto, as cales as tiñan marcadas nun mapa. Nas probas mesturábanse preguntas de cultura xeral sobre reciclaxe, sostibilidade con probas de habilidade e incluso coa colaboración do Departamento de música probas de habilidade musical. O resultado ao final das sesións foi o seguinte:

  • 1º ESO: Los choripanes (10 puntos); Agua de mipáncreas (8 puntos); Los salchichas (7 puntos); Los titanes (7 puntos); Mayoristas no limpiamos pescado (7 puntos); Bluetooth (6 puntos); Las six seven (6 puntos); Las croquetas de salmón (6 puntos); La cuchipandi (5 puntos); Los Queques (3 puntos)

  • 2º ESO: Delfines (9 puntos); Las marujitas (9 puntos); Torpedos (8 puntos); Los Traviesos (7 puntos); Equipo siete (5 puntos); Los Guachiturros (5 puntos)

Algúns momentos da celebración da xincana
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

Agradecer ademais a Gadis a súa colaboración no evento achegando o avituallamento para os participanes.

 

 
 
Alumnado de 1º e 2º de ESO antes de empezar a actividade

 

Trala xincana o alumnado participante no Aps Betanzos Change the Planet puxo fin ao curso coa celebración no patio do instituto dunha romaría, quedándonos a comer nos xardíns para posteriormente pasar a tarde realizando distintos xogos acompañados de música e bailes tradicionais.

 

Algúns momentos da celebración final do Proxecto ApS Betanzos Change the Planet na romería nos xardíns do centro
 


 
 
 
 




 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Mercadillo solidario

Estudo do lixo no patio do IES Francisco Aguiar

Traballando en polos creativos