Entradas

Xincana solidaría e celebración final proxecto ApS Betanzos Change the Planet

Imagen
O pasado mércores 17 o alumnado do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) “Betanzos Change the Planet” dos grupos de 3º A e Proxecto Competencial e 4 A, organizaron unha xincana solidaria cos seguintes obxectivos en liña co que supón un proxecto de aprendizaxe e servizo: Aprender a organizar unha actividade lúdica Dar un servizo á comunidade educativa  ofrecendo ao alumnado de 1º e 2º de ESO unha actividade de lecer na última semana de curso Organizar unha actividade solidaria acorde cos Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) 2030, concretamente o 1: Erradicación da pobreza e 2: Loita contra a fame. Para o cal durante a actividade se solicitou a participantes, organizadores e comunidade educativa a doazón de alimentos e produtos de hixiene que foron posteriormente doados a Cáritas e Cruz Vermella Betanzos respectivamente. Alumnado de 3º A xunto á mesa cos alimentos e produtos de hixiene recollidos Entrega dos produtos de hixiene a voluntarios da Cruz Vermella de Betanzos ...

O proxecto Betanzos Change the Planet acada 958 euros para o proxecto de Manos Unidas en Haití

Imagen
 Parabens a todo o alumnado e profesorado que co voso esforzo e gañas de cambiar as cousas fixechedes posible neste curso 2025/26 facer o planeta un puco mellor.

Mercadillo solidario 2026

Imagen
  O pasado día 2 de Xuño o alumnado do centro participante no Proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos Change the Palnet", coordinados polo grupo de 4º A  realizou unha nova xornada do Mercadillo Solidario nas pistas polideportivas do Carregal.  Mediante o mercadillo solidario preténdese tanto reutilizar obxectos  para darlles unha segunda vida, reducindo así  a xeración de lixo e o custo de fabricación de novos produtos, como recaudar fondos para un fin solidario.     A xornada de traballo empezou xa as 8:45 da mañá, cando un grupo de alumnado comezou a cargar os materiais para levalos as pistas coa colaboración de Protección Civil de Betanzos  O mercadillo desenvolveuse nas pistas ata as sete da tarde. Durante toda a xornada visitaron os postos alumnado do centro así como moitos veciños que pasaron polo lugar. Froito desta xornada recaudouse 958 euros que serán achegados a organización Manos Unidas para desenvolver o seu proxecto humanitar...

Presentación Proxecto Solidario Manos unidas Haití

Imagen
 O pasado venres 29 de maio visitaron o noso centro Julián e Cristian para presentarnos o proxeccto que Manos Unidas está a desenvolver en Haití co cal o noso centro quere colaborar dentro do noso Proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos Change the Planet". Haití é un dos países máis castigados nas últimas décadas, no ano 2010 co devastador terremoto,pero que continuó acumulkando desastres relacionados co cambio climático, como no ano 2016 o furacán Matthew, así como un proceso contínuo de desertificación pola deforestación pola sobreexplotación da madeira para ser usada como recurso enerxético. Esta situación é na actualidade especialmente crítica pola presenza de grupos armados que obrigou a moitas poboacións a desprazarse a zonas máis seguras. Nesta situación o mantemento de comunidades agrícolas resulta fundamental nun pais no que a fame aguda afecta a unha de cada duas persoas. Manos unidas  a través do seu socio local Cáritas de Puerto Prínc...

II Feria de Educación, Formación y Empleo

Imagen
 O proxecto Betanzos Change the Planet se presenta na   II Feira de Educación, Formación e Empleo celebrada en ExpoCoruña. Alumnado de 4º PDC presentou o noso proxecto Betanzos Change the Planet na II Feira de Educación, Formación e Empleo. O alumnado ademáis de amosar o noso proxecto pusio en funcionamento o obradoiro de xoiería con plásticos recollidos na praia, o cal tivo unha  excepcional acollida polos participantes na feira, entre as persoas que pasaron polo noso departamente destacar a do Conselleiro de educación  Román Rodríguez, quen se interesou moi amablemente polo noso proxecto, e levou de agasallo un chaveiro cunha R -----------------------------------------------------------

“ III ENCONTROS BETANZOS CHANGE THE PLANET”: Migracións e vulnerabilidade da muller no IES Francisco Aguiar

Imagen
No marco do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) “Betanzos Change the Planet”, o alumnado do IES Francisco Aguiar organiza este martes 21 unha nova xornada de concienciación social. Nesta ocasión, o foco estará posto nas migracións e na vulnerabilidade da muller, afondando en dous piares da Axenda 2030 da ONU: o ODS 5 (Igualdade de xénero) e o ODS 10 (Redución das desigualdades). Un programa centrado na experiencia humana A xornada estrutúrouse  en dous grandes bloques deseñados para achegar a realidade global ao contexto local: O acto comezou as  16:20 h, ,  a ONG EDUCO posibilitou a visita ao noso centro de Alma Cecilia Hernández Gutiérrez , cooperante guatemalteca cun percorrido de máis de 20 anos en organizacións sociais, traballando en  proxectos de protección a mulleres sobreviventes de violencia, mobilidade humana e formación comunitaria desde unha perspectiva de dereitos humanos. Posteriormente as 17:10 hiniciouse baixo a coordinación do alumnado de 3º de ...