Presentación Proxecto Solidario Manos unidas Haití
O pasado venres 29 de maio visitaron o noso centro Julián e Cristian para presentarnos o proxeccto que Manos Unidas está a desenvolver en Haití co cal o noso centro quere colaborar dentro do noso Proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos Change the Planet".
Haití é un dos países máis castigados nas últimas décadas, no ano 2010 co devastador terremoto,pero que continuó acumulkando desastres relacionados co cambio climático, como no ano 2016 o furacán Matthew, así como un proceso contínuo de desertificación pola deforestación pola sobreexplotación da madeira para ser usada como recurso enerxético. Esta situación é na actualidade especialmente crítica pola presenza de grupos armados que obrigou a moitas poboacións a desprazarse a zonas máis seguras. Nesta situación o mantemento de comunidades agrícolas resulta fundamental nun pais no que a fame aguda afecta a unha de cada duas persoas.
Manos unidas a través do seu socio local Cáritas de Puerto Príncipe, está desenvolvendo un programa de apoio a gandeiros e agricultores co obxectivo de reactivar a produción local para mitigar a inseguridade alimentaria paar así poder contribuir ao obxectivo nº 2 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible : "Fame cero".
![]() |
|
![]() |
![]() |
Dende o noso proxecto Betanzos Change the Palnet queremos contribuir a este proxecto co noso
II Mercadillo Solidario que celebrarase mañá martes 2 de xuño nas pistas Cubertas do Carregal.
Agradecer a todas as persoas que colaboraron coa donación de diversos obxectos, coa finalidade de reducir o consumo e a xeración de residuos, dando unha nova vida a aquelas pertenzas que xa non son de moita utilidade e que en moitos casos ocupan un lugar de forma inútil nos nosos fogares.Ademáis esperamos que coa vosa visita e participación no mercadillo poidades contribuir a esta causa solidaria.






Comentarios
Publicar un comentario