Mercadillo solidario 2026
O pasado día 2 de Xuño o alumnado do centro participante no Proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos Change the Palnet", coordinados polo grupo de 4º A realizou unha nova xornada do Mercadillo Solidario nas pistas polideportivas do Carregal.
Mediante o mercadillo solidario preténdese tanto reutilizar obxectos para darlles unha segunda vida, reducindo así a xeración de lixo e o custo de fabricación de novos produtos, como recaudar fondos para un fin solidario.
A xornada de traballo empezou xa as 8:45 da mañá, cando un grupo de alumnado comezou a cargar os materiais para levalos as pistas coa colaboración de Protección Civil de Betanzos | |
O mercadillo desenvolveuse nas pistas ata as sete da tarde. Durante toda a xornada visitaron os postos alumnado do centro así como moitos veciños que pasaron polo lugar. Froito desta xornada recaudouse 958 euros que serán achegados a organización Manos Unidas para desenvolver o seu proxecto humanitario en Haití.
Durante o mercadillo alumnado de música do instituto amenizou a xornada con música feita a partitr de instrumentos de percusión con materiais reciclados
Agradecer a todo o alumnado participante a súa implicación, así como ao CEIP a súa colaboración na recollida de obxectos e ao Concello de Betanzos e Protección Civil por facilitar a loxística para desenvolver esta acción solidaria.






Comentarios
Publicar un comentario