A ONG Ecodesarroiogaia colabora co alumnado do IES Francisco Aguiar no seu proxecto "Betanzos change the planet"

 O pasado martes día 25 de marzo membros da ONG Ecodesarroiogaia visitaron o noso centro. Dita visita forma parte  da formación sobre cambio climático que están a recibir o grupo de alumnos que están a traballar no proxecto de aprendizaxe e servizo "Betanzos change the planet" . Agradecemos á asociación a súa resposta ao chamamento que fixera o alumnado do coa finalidade de poder profundizar nas consecuencias globais  do cambio climático.



Os membros da asociación: Guillermo Fernández Obanza "Mito", e os cidadáns de Senegal e Guinea Bisáu residentes en A Coruña: Ibra, Rashid e Adam, explicaron como é a situación actual  nos seus países, nos que o cambio climático, co quecemento da temperatura das augas, e a conseguinte perda de produtividade, unido á sobreexplotación dos recursos por grandes flotas pesqueiras extranxeiras, imposibilita o  modo de vida tradicional baseado na pesca tradicional, creando unha grave crise social e empobrecemento da poboación. 


Esta situación forzou aos seus habitantes a migrar para poder garantir o seu sustento e da súa familia. Según Mito son migrantes climáticos, e o continente Africano responsable das emisións do 3% dos gases de efecto invernadoiro é unha das zonas do planeta máis afectadas, xa que nunha zona de altas temperaturas  un pequeno aumento de varios graos pode facer a situación insostible.  

Nestes movementos migratorios moitos cidadáns chegan ao noso país as costas de  Canarias tras un duro e perigoso viaxe en caiuco que non sempre remata con éxito. Ibra, Rashid e Adam explicaron  ao alumnado como o cambio climático afectou ao seu modo de vida, e a súa situación persoal para chegar a Europa e na actualidade na cidade da Coruña, así coma as súas expectativas de futuro.

Mito explicou a situación xeral en países como Senegal, cunha gran riqueza en recursos, pero nos que a situación política do pasado, exclavitude, colonialismo e na actualidade sobreexplotación por multinacionais dos recursos, e afección polo cambio climático, fai que se viva nunha extrema pobreza. 

Esta pobreza que afecta incluso á posibilidade de comer todos os días, loxicamente inclúe ao sistema educativo. Froito desta situación a ONG mantén dende fai anos na poboación de Yoff a escola "Coruña" na que dá asistencia educativa a rapaces e rapazas así como outro tipo de asistencia como sanitaria nas campañas de verán.

O alumnado do proxecto "Betanzos change the planet"   aproveitando a visita dos membros de Ecodesarroiogaia colaborou coa ONG na súa campaña "Lápices para las escuelas de Senegal" facendo unha recollida de material escolar. Mito comentaba a importancia deste material xa que moitas veces na aula non teñen lápices para todos, tendo que turnarse para compartirlo.


Destacar a emotividade de momentos como as intervencións de Ibra, e as testemuñas persoais de Rashid e de Adam narrando a súa durísima viaxe de 11 días  en caiuco. Tamén destacar os bos consellos de Mito coa súa visión global da vida, animando  ao alumnado, para que sexan conscientes da súa situación privilexiada, incluindo a posibilidade de ter unha escola e profesorado para formarse, e non deixen pasar esta oportunidade, facendo un bo proxecto de vida.



Agradecer a asistencia todo o alumnado e profesorado, así como aos membros de Ecodesarroiogaia por compartir con nos as súas experiencias, amosarnos de primeira man como o cambio climático e a sobreexplotación afecta ao desenvolvemento de moitas poboacións. Esperamos poder o vindeiro ano contar de novo coa súa visita, e que se cumpran as expectativas de Ibra, Rashid, Adam e dos nosos compañeiros (alumnado e profesorado) da escola Coruña.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Estudo do lixo no patio do IES Francisco Aguiar

Maestros de maestros de maestros - Maestros al cubo -

Betanzos Change the Planet leva o seu proxecto ao Senado español