O alumnado de plástica de 1º de ESO crea o logo para o proxecto "Betanzos change the planet"

 

 O alumnado de 1º ESO de plástica dirixido polo seu profesor Roi colaborou co proxecto de Aprendizaxe e Servizo "Betanzos change the Planet" na elaboración do logo. Froito deste traballo presentaron unha gran cantidade de proxectos. A elección do gañador non foi sinxela xa que había moitas ideas orixinais e de gran calidade. Finalmente seleccionouse o traballo de María Boado Vidal de 1º B. Parabens a todos e moitas grazas pola vosa colaboración.


Proxectos dos logos realizados polo alumnado de 1º de ESO

 

Logo gañador 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Estudo do lixo no patio do IES Francisco Aguiar

Maestros de maestros de maestros - Maestros al cubo -

Betanzos Change the Planet leva o seu proxecto ao Senado español