O grupo Empatía activa de Betanzos Change the Planet visita o centro de día de Miño
O pasado 26 de marzo un grupo de alumnado de 3º de ESO dentro da materia de proxecto competencial e do proxecto de Aprrendizaxe e servicio Betanzos change the Planet visitaron o centro de día de Miño.
Durante a visita o alumnado organizou fiferentes actividades destacando un vídeo temático, en vez de números nos cartóns tiñan distintos temas como : móbiles, democracia, migración, onde coñeceu a súa parella?.....
Así con cada tema se organizaba un diálogo interxeracional no que se contrastaba as diferenzas entre a súa época e a actual. Foi moi emotivo e pedagóxico poder recibir unha clase maxistral dos integrantes do centro de día, compartindo a súa visión da sociedade pasada e actualao longo da súa experiencia.
Por suposto tamén houbo liñas e bingos .....




Comentarios
Publicar un comentario