II Encontro ApS IES Francisco Aguiar

 

O pasado día 21 de xaneiro de 2026 tivo lugar a celebración dos II encontros de aprendizaxe e servizo do IES Francisco Aguiar.



Para estes enciontros contamos de novo cos nosos amigos de Ecodesarrollo Gaia. Novamente persoal da ONG puso en coñecemento a súa experiencia sobre a migración e a situación particular de Senegal. E como o ano pasado colaboramos coa súa campaña de lápices para Senegal, recollendo lápices para o alumnado da súa escola Coruña







Pero nesta ocasión tiñamos unha celebración especial, que era celebrar o recibimento do premio APS para a cooperación que recentemente fóramos galardoados en Ciudad Real. Así parte da dotación económica do premio foi invertida en traer en autobus ao alumnado "neocoruñes" de Ecodesarrollo Gaia e xuntalo co alumnado Betanceiro do IES Francisco Aguiar, incluindo as nosas alumnas de orixe senegalés Anta e Fatú.



Pero isto non foi todo enterados que dende Ecodesarrollo Gaia tiñan un grupo musical dende o que estaban traballando a música tradicional senegalesa, axudados polo departamento de música, decidimos recibir aos noso amigos cunha actuación baseada nos sons africanos, e por que non, mesturar a súa música cos seus artistas coa música tradicional galega do noso alumnado, o resultado é inmellorable, non vos perdade o vídeo.


Pero iso non foi todo, previamente poidemos contar coa presenza dos nosos amigos de Educo, tanto Laura e Ramón que xa nos acompañaran o ano pasado, pero fixemos este encontro interterritorial coa inestimable presenza de Martí que non contou a súa experiencia no aprendizaxe e servixo en Cataluña e explicou o ApS como a tortilla de Betanzos, ao igual que a tortilla ten ovo e pataca, o aprendizaxe e servizo ten estos dous ingredienters, pero como pasa na tortilla, a súa mestura dalle ao resultado propiedades emerxentes.


 



-------------------------------------------------















Comentarios

Entradas populares de este blog

Mercadillo solidario

Traballando en polos creativos

Estudo do lixo no patio do IES Francisco Aguiar